Comentario de un cliente 30 de diciembre 2018

18 de January del 2019

Bos días!
 
Onte, ó fin do día, pasei por Betel a buscar un neno para unha parroquia (o que hai non é bon para dar a bicar, e as persoas queren un neno bonitiño e con expresión humana )
 
Rebulindo polos estantes atopeime con este libro "La Sabiduría de los Años", nada máis velo impactoume pola moi boa fotografía e pola coidada edición..., ó refollar nel acabei moito máis sorprendido polas historias das persoas que nel apararecen, e que de forma moi sencilla (sinxela) nos falan do traballo, da loita, do amor, da esperanza, da ilusión...
 
Son pequenas entrevistas e extractos doutras máis extensas que impactan pola súa sinceridade, polo reflexo da vida mesma e polos valores que nos fan crecer...
 
Éstes días na casa dos pais están os tres sobriños, hai xoguetes en cada esquina, case todos de plástico, que pasadas unhas horas acaban abandonados en calquer sitio, é síntoma do aprecio que lles dan... ¡ Cómo nos está cambiando a sociedade de consumo nestas últimas décadas !!
 
Está a chegar o día de Reis, ó mellor non sabes que agasallo compartir..., eu dou gracias ó neno que onte me levou a librería e me descubriu un mundo de HISTORIAS da vida de moitas persoas que se vai convertir nun agasallo para regalar e contar...
 
Éste é un libro para " LEER e CONTAR" ós pequenos, con eles no colo ou ó carón no sofá..., un libro que:
 
- pode potenciar as relacións pais-fillos, avós-netos, 
- que nos pode axudar a reflexionar sobre a propia vida namentres descubrimos a de outras persoas
- que nos pode axudar a contar a nosa propia historia, a dos avós, as loitas, os soños, os sacrificios, as alegrías...
 
Todo isto pódese converter en sementes de VIDA que podemos deixar na vida dos máis pequenos e que lles poden axudar a medrar, a soñar e a loitar polos seus soños algún día.
 
Que sigamos disfrutando da maxia do Nadal... !! Deus que quere nacer na entraña de cada un de nos !!
 
E moi feliz aninovo!!
Unha aperta!!